Saltar ao contido

Ramón Carballo Tajes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Carballo Tajes
Biografía
Nacementoc. 1905 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 3520

Ramón Carballo Tajes, nado cara a 1905 e finado na Coruña o 15 de marzo de 1937, foi un sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viaxante de comercio e veciño da Ponte do Porto (Camariñas). Estaba afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Andrés Balsas Vello e Manuel Carracedo Balsa. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Ramón intentou suicidarse cortándose as veas. Unha vez restablecido, foi trasladado Prisión provincial da Coruña o 7 de xaneiro de 1937, e xulgado en consello de guerra por rebelión militar con Andrés García Ferreiro, Ventura Andújar Méndez, Constante Campa Santos, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema o 24 de febreiro. Condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 15 de marzo de 1937. En xaneiro de 1943 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]

  1. BOP A Coruña, 26-1-1943, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]