José Ambrós Gordillo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1900 Badaxoz, España |
Morte | 25 de agosto de 1936 (36 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
José Ambrós Gordillo, nado en Badaxoz o 6 de maio de 1900[1] e finado en Ferrol o 25 de agosto de 1936, foi un mestre e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre en Mañón. En 1934 foi nomeado mestre da escola de Porto do Cabo en Vilarrube (Valdoviño).[2] Membro da FETE da UGT e militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas o 25 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre.[3]