Saltar ao contido

Reinaldo Sarria Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaReinaldo Sarria Delgado
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Rubiá, España Editar o valor en Wikidata
Morte1936 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Valdoviño, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, tortura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 4769

Reinaldo Sarria Delgado, nado en Rubiá o 24 de xullo de 1906[1] e finado en Valdoviño en 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1928. Foi mestre de Vilardesilva (Rubiá) en 1931,[2] e en 1934 trasladouse á escola de Aviño (Valdoviño).[3] Militante do Partido Galeguista e afiliado a FETE-UGT. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Valdoviño e elixido tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Torturado, morreu despois dunha malleira. Destituído e cesado en setembro de 1936,[4] foi sancionado coa separación definitiva por ser o nº 135 de FETE en 1942.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre.[5]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 92. 
  2. El Eco de Santiago, 6-5-1931, p. 1.
  3. BOE, 11-9-1934, p. 220.
  4. La Voz de Galicia, 5-9-1936, p. 5.
  5. "Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]