Saltar ao contido

José Antonio Fernández Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Fernández Vega
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor en Wikidata
Llanes, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil
Gobernador civil de Málaga
Gobernador civil da provincia de Lugo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Socialista Editar o valor en Wikidata


José Antonio Fernández-Vega de la Vega, nado en Llanes en 1891 e finado en Málaga o 18 de maio de 1942, foi un médico e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Médico do Hospital Provincial de Oviedo en 1929. Na República instalouse en Ponteareas, dirixiu o periódico El Galleiro, colaborou no voceiro socialista Renovación, foi presidente da Casa do Pobo de Ponteareas e ingresou no PSOE en novembro de 1933. A principios de 1935 abandonou o PSOE e participou na fundación da agrupación local de Izquierda Republicana en marzo[1]. Co triunfo da Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado Gobernador civil de Lugo o 26 de febreiro, permanecendo no posto ata o 3 de xuño dese ano, cando foi nomeado Gobernador civil da provincia de Málaga[2]. Alí tivo que facer fronte ao levantamento militar e ás milicias que tomaron o poder despois do fracaso do levantamento.

A mediados de setembro de 1936 foi cesado no cargo polo Ministro da Gobernación, Valentín Galarza Morante, debido a uns rumores que o acusaban de terse apropiado de fondos públicos. Regresou a Asturias coa súa familia, onde ocupou o cargo de director do hospital de Llanes durante un mes ata que foi destituído por xerar desconfianza entre os dirixentes da Frente Popular, segundo un informe da Garda Civil de 1941. Saíu entón para Francia, pero ao carecer de recursos, regresou a España, sendo nomeado Médico da Subsecretaría de Armamento en Barcelona ata a caída de Cataluña, cando se viu obrigado a exiliarse de novo en Francia.

Acollido nun campo de concentración francés, foi detido pola Gestapo o 10 de xuño de 1940 xunto a Lluís Companys e José Villalba. Encarcerado uns días en Irún, pasou a Madrid e de alí a Málaga. Dende a Prisión Provincial de Málaga axudou a curar enfermos do tifo exantemático salvando algunhas vidas, entre elas a dun bispo.

Foi xulgado en base ás listas que proporcionou a mesma prisión provincial segundo as cales foron detidas no seu nome 371 persoas das que 275 foron executadas mediante sacas. Na súa defensa, Fernández Vega alegou que nunca soubo nada das sacas ata unha vez levadas a cabo e que, na medida das súas posibilidades, rescatou a un gran número de detidos, incluídos militares e sacerdotes, aos que proporcionou pasaportes e axudou a escapar da cidade. Foi condenado a morte e fusilado no cemiterio de San Rafael, onde permanece o seu corpo nunha fosa común.

  1. Rodríguez Gallardo, Ángel (2006). Do Castro, ed. O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939). Sada. p. 50. ISBN 84-8485-236-9. 
  2. Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 28 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]