José Antonio Pacio Seco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1900 Balmonte, España |
Morte | 17 de marzo de 1971 (70/71 anos) Lugo, España |
Alcalde de Castro de Rei | |
1936 – 1936 ← Severino Rivas Barja – José María Pillado Mouriz → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Antonio Pacio Seco, coñecido como Zacariade, nado en Balmonte (Castro de Rei) cara a 1900 e finado Lugo o 17 de marzo de 1971, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da casa de Zacariade de Balmonte. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Castro de Rei. Impuxo multas para o Exército aos "izquierdistas más significados" de cada parroquia. Por iso foi denunciado por estafa polo novo alcalde, José Pillado Mouriz, e requirido para que devolvese o percibido.[1] Finou en Lugo o 17 de marzo de 1971.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Ocampo Fernández e foi pai de José Benito, Manuela del Carmen, Manuel, María del Sagrario e María Josefa Pacio Ocampo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castro de Rei en la Guerra Civil
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 18-3-1971, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Souto Blanco, María Jesús (1999). Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). Sada: Do Castro. pp. 45–46. ISBN 84-7492-944-X.
Predecesor: Severino Rivas Barja |
Alcalde de Castro de Rei 1936 |
Sucesor: José Pillado Mouriz |