Saltar ao contido

José Pillado Mouriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Pillado Mouriz
Biografía
Nacementoc. 1874 Editar o valor en Wikidata
Coea, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Coea, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Castro de Rei
1937 – 1938
← José Antonio Pacio Seco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

José María Pillado Mouriz, nado en Coea (Castro de Rei) cara a 1874 e finado no mesmo lugar o 14 de maio de 1942, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Leal a José Benito Pardo Rodríguez. Foi presidente do sindicato católico-agrario de Santa Locaia (1928-1932). Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Castro de Rei. Volveu ser concelleiro na República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Castro de Rei en 1937. Foi deputado provincial. Denunciou por estafa ao anterior alcalde, José Antonio Pacio Seco e obrigouno a restituir o diñeiro recadado. Esta denuncia motivou as protestas dalgúns párrocos, como o de Xustás e Bexán (Cospeito), Jesús Canto Castro, que enviaron un escrito ao gobernador civil o 4 de novembro de 1937 afirmndo que a restitución do diñero "causó muy mal efecto hasta en estas parroquias limítrofes de Cospeito dando así motivos a varios comentarios". O párroco de Duancos e Orizón, Domingo Fernández Galán, afirmaba no escrito que José Pillado "había dejado sin cuota del Plato único a la mayor parte de los izquierdistas de estas mis parroquias, después de haberle pedido yo en persona que les impusiera algo aunque fuese poco".[1] José Pillado foi cesado en 1938. Finou en Coea o 14 de maio de 1942 aos 67 anos.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de María Josefa e María del Carmen Pillado Rodríguez.

  1. Castro de Rei en la Guerra Civil
  2. Necrolóxica en El Progreso, 15-5-1942, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
José Antonio Pacio Seco
 
Alcalde de Castro de Rei
 
1937 - 1938
Sucesor:
Francisco Silvosa González