Saltar ao contido

José Antonio Peteiro Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Peteiro Freire
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata
Vilasantar, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 2010 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Arzobispo de Tánxer
24 de setembro de 1983 – 23 de marzo de 2005
← Carlos Amigo VallejoSantiago Agrelo →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1983–), Sacerdote católico de rito romano (1962–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónDuraisamy Simon Lourdusamy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) In verbo tuo laxabo rete Editar o valor en Wikidata

José Antonio Peteiro Freire, nado en Mezonzo o 20 de xullo de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 2010[1], foi un relixioso franciscano e bispo católico galego, arcebispo de Tánxer entre 1983 e 2005.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1936, no Campo da Feira, na parroquia de Mezonzo, concello de Vilasantar. En 1949 ingresou no seminario do convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón, onde estudou cinco anos de Bacharelato. O 20 de agosto de 1954 tomou os hábitos, facendo o noviciado no convento de San Francisco do Val de Deus. Iniciou os estudos de Filosofía no Convento de San Diego de Canedo (Ponteareas), seguíndoos en Compostela e rematando en Salamanca en 1962.

Membro da Orde dos Freires Menores, foi ordenado sacerdote o 17 de marzo de 1962[2]. O 2 de xullo de 1983 foi nomeado arcebispo de Tánxer, sendo consagrado bispo o 24 de setembro[2] do mesmo ano por Duraisamy Simon Lourdusamy, entón secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos. Retirouse o 23 de marzo de 2005, pasando a ser entón arcebispo emérito. Pasou os seus últimos anos na enfermería da igrexa de San Francisco de Noia, e foi soterrado na súa parroquia natal.

  1. "Funeral por monseñor" Arquivado 28 de maio de 2014 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 26 de marzo de 2010 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Libreria Editrice Vaticana, ed. (2006). Annuario Pontificio. p. 728. ISBN 978-88-209-7806-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]