Arquidiocese católica latina de Tánxer
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.325.500 (2017) (154,48 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua árabe | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 28.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | Arquidiocese de Rabat (pt) , Suroeste Diocese de Cádis e Ceuta (pt) , norte Diocese de Gibraltar (pt) , Nordés | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Catedral | Catedral de Nossa Senhora de Lourdes de Tânger (pt) | ||||
Sitio web | diocesistanger.org | ||||
A arquidiocese de Tánxer (en latín: Archidioecesis Tingitana) é unha arquidiocese da Igrexa Latina inmediantamente suxeta á Santa Sé. En 2010 tiña 2.019 bautizados sobre unha poboación total de 4 000 000 persoas. O seu ordinario actual é o arcebispo Santiago Agrelo Martínez, O.F.M.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue o norte de Marrocos antigamente baixo protectorado español. A sé arcebispal é a cidade de Tánxer, onde está a catedral da Nosa Señora de Lurdes. O territorio está subdividido en 8 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Tánxer foi ocupada permanentemente polos portugueses en 1471. A sé foi erixida canonicamente polo papa Sisto IV o 21 de agosto de 1472 pola bula papal Clara devotionis, en territorios da diocese de Ceuta (agora diocese de Cádiz e Ceuta). Foi orixinalmente sufragánea da arquidiocese de Lisboa (agora patriarcado).
O 12 de xaneiro de 1514 cedeu unha parte do seu territorio para erixir a diocese de Funchal. O 29 de setembro de 1540 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Évora. O 9 de xuño de 1570 foi unida novamente á diocese de Ceuta.
Debido a conflitos entre a Santa Sé e os portugueses, a diocese estivo vacante durante varias décadas do século XVII, até que Roma aboliu a unión entre as dúas sés o 16 de decembro de 1675, restabelecendo a diocese de Ceuta, e suprimindo ó mesmo tempo a de Tánxer. En Tánxer foi erixida o 28 de novembro de 1630 a prefectura apostólica de Marrocos, confiada ós franciscanos españois da Provincia de San Diego de Alcalá, en Andalucía.
O 13 de xullo de 1693 a prefectura foi elevada a vigairía apostólica, nomeando como primeiro vigairo apostólico ó franciscano Diego de Ortega Escacena; mais a morte deste último en 1696 e a oposición do Goberno español á erección da vigairía apostólica fixo fracasar a iniciativa da Santa Sé.
O 14 de abril de 1908 co breve Romani Pontifices de Pío X a prefectura apostólica foi finalmente elevada a vigairía apostólica con dignidade episcopal.
O 5 de xullo de 1954 cedeu parte do seu territorio (Ifni) para a erección da prefectura apostólica do Sáhara Español e Ifni (agora a prefectura apostólica do Sáhara Occidental).
O 14 de novembro de 1956, coa bula Qui Deo disponente, Pío XII elevou a vigairía á categoría de arquidiocese, tomando a sé o nome actual.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]En 1468 foi estabelecida a sé como diocese de Marrocos, en territorios da diocese de Ceuta:
- Nunius Álvarez (1468 - 15 de xullo de 1491, finado)
- Diogo de Ortiz de Vilhegas (1491 - 3 de maio de 1500, nomeado bispo de Ceuta)
- João Lobo (4 de maio de 1500 - 1508, finado)
- Nicolás Pedro Méndez (4 de marzo de 1523 - 1542, finado)
- Gonçalo Pinheiro (23 de novembro de 1542 - 27 de xuño de 1552, nomeado bispo de Viseu)
- Francisco Guaresma (15 de decembro de 1557 - 1570, unión coa diocese de Ceuta)
En 1570 a sé foi unida á de Ceuta, co nome de diocese de Ceuta e Tánxer:
- Francisco Guaresma (1570 - 1585, finado)
- Diego Corrêa de Souza (15 de xullo de 1585 - 16 de febreiro de 1598, nomeado bispo de Portalegre)
- Héctor Valladares (11 de marzo de 1598 - 1600, finado)
- Gerónimo de Gouvea (24 de xaneiro de 1601 - 1602, renuncia)
- Agostinho Ribeiro (27 de agosto de 1603 - 29 de xullo de 1613, nomeado bispo de Angra)
- Antonio de Aguilar (21 de outubro de 1613 - 1632, finado)
O 28 de novembro de 1630 foi restaurada como prefectura apostólica de Marrocos:
- Gonçalvo da Silva (6 de setembro de 1632 - 16 de febreiro de 1649, finado)
O 13 de xullo de 1693 foi elevada a vigairía apostólica de Marrocos:
- Diego (Didacus) Ortega (Hortiago) (de) Escacena (Didacus) (28 de agosto de 1693 - 1696, finado)[1][2]
- Joannes da Silva Ferreira (26 de novembro de 1742 - 19 de xaneiro de 1775, finado)
- Francisco María Cervera y Cervera (15 de abril de 1908 - 26 de marzo de 1926, finado)
- José María Betanzos y Hormaechevarría (17 de xullo de 1926 - 27 de decembro de 1948, finado)
En 1956 ,foi elevada a arquidiocese de Tánxer:
- Francisco Aldegunde Dorrego (27 de decembro de 1948 - 17 de decembro de 1973, retirado)
- Carlos Amigo Vallejo (17 de decembro de 1973 - 22 de maio de 1982, nomeado arcebispo de Sevilla)
- José Antonio Peteiro Freire (2 de xullo de 1983 - 23 de marzo de 2005, renuncia)
- Santiago Agrelo Martínez (11 de abril de 2007 - 24 de maio de 2019, retirado)
- Administrador apostólico: Cristóbal López Romero
- Emilio Rocha Grande (nomeado o 7 de febreiro de 2023)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Archdiocese of Tanger". Catholic-Hierarchy.org (en inglés).
- "Archdiocese of Tanger, Morocco". GCatholic.org (en inglés).