José Barral Campos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1869 |
Morte | 3 de maio de 1904 (34/35 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
José Barral Campos, nado cara a 1869 e finado en Vigo o 3 de maio de 1904, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun tenente do corpo de carabineiros. En 1891 asinou en Tui, como X. Barral, dous relatos para a revista A Tía Catuxa: "O amigo de San Pedro" e "Sabe máis o portugués". Dirixiu La Voz de Morrazo de Marín (1897), foi redactor de La Unión Republicana e Faro de Vigo e correspondente de El Imparcial de Madrid. Finou de tuberculose en o Vigo o 3 de maio de 1904 con 34 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vigo con Concepción López Abad en 1899.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Galicia, 27-10-1899, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 94. ISBN 978-84-8457-448-4.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. p. 31. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 8/11/2013.