José Barreiro Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 ![]() Baiona, España ![]() |
Morte | 19 de decembro de 1937 ![]() Baiona, España ![]() |
![]() | |
1936 – 1937 ← Agustín Villafines González – Ricardo Agustí Sanjuán → | |
![]() | |
1918 – 1923 – Manuel Barreiro Álvarez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
José Barreiro Álvarez, nado en Baiona en 1878 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1937, foi un farmacéutico, empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Barreiro e Juana Álvarez de Blas, dunha acomodada familia baionesa. Estudou farmacia. En 1908 xa formara parte da primeira directiva da Sociedade de mariñeiros e pescadores A Anunciada[1]. Foi nomeado xuíz de paz en xullo de 1911. Foi un dos propietarios do forno de cal situado na praia da Ladeira de Baiona. Chegou á alcaldía por primeira vez no bienio 1921 a 1923. Anos despois tivo distintos cargos de asociacións baionesas, entre elas o de vicepresidente do Liceo Recreativo con Ulpiano Nogueira como presidente. En outubro de 1933 era o contador na Unión Regional de Derechas do Val Miñor. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o 25 de xullo, foi nomeado presidente da Xestora Municipal de Baiona. Deixou o cargo de alcalde de Baiona en 1937 por problemas de saúde, sendo nomeado para o no seu posto Ricardo Agustí Sanjuán. Faleceu pouco despois, o 19 de decembro de 1937.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega (16/9/1908). "Montepío en Bayona".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Montepío en Bayona" 16/9/1908 (en castelán).
Predecesor: Benito San Claudio |
![]() Alcalde de Baiona 1918 - 1923 |
Sucesor: Manuel Barreiro Álvarez |
Predecesor: Agustín Villafines González |
![]() Alcalde de Baiona 1936 - 1937 |
Sucesor: Ricardo Agustí Sanjuán |