José Bartolomé Vidal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1864 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 1916 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
José Bartolomé Vidal, nado en Betanzos en 1864 finado na mesma vila en agosto de 1916[1], foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Practicante. Colaborou en El Censor asinando como Melotobar, despois foi director de El Pueblo até o número 39. En 1901 tivo que marchar a Castela e acusou ao caciquismo local da súa marcha. En 1907 foi nomeado xuíz municipal de Nava del Barco (Ávila) onde exercía de auxiliar de médico. Desde alí enviou colaboracións a Betanzos Liberal, La Aspiración e Nueva Era e tamén colaborou en Diario Ferrolano. Cara 1912 regresou a Betanzos e en 1914 foi nomeado vixilante interino da prisión de Betanzos.
Casou con Nieves Fernández Losada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega, 11-8-1916, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Regueiro, Xesús (1988). "Os animadores da prensa local (II)" (PDF). Anuario Brigantino 11: 73–74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.