José Benito Segade
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 (120/121 anos) Boiro, España |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político |
Partido político | Partido Galeguista |
José Benito Segade Torrado, nado en Boiro en 1903, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fragueiro de profesión e chófer. Afiliado ao Partido Galeguista. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado terceiro tenente alcalde de Boiro en marzo de 1936, na corporación presidida por Juan Somoza Rebollido.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionado con multa e seis anos de inhabilitación.[2] Nos anos corenta estivo fuxido.[3] Descargador en Boiro, sufriu un accidente en decembro de 1958.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10.
- ↑ BOE, 7-2-1941, p. 581.
- ↑ A posguerra en Boiro
- ↑ El Correo Gallego, 2-12-1958, p. 2.