Juan Somoza Rebollido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 ![]() Boiro, España ![]() |
Morte | 14 de outubro de 1985 ![]() Boiro, España ![]() |
![]() | |
1936 – 1936 ← Benito Calo Beade ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, ferreiro, político, comerciante ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Juan Somoza Rebollido, nado en Boiro en 1898 e finado no mesmo concello o 14 de outubro de 1985, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferreiro e comerciante. Militante socialista. Foi correspondente de El Pueblo Gallego,[1] La Lucha e Solidaridad Obrera en Boiro. Con motivo duns incidentes durante as eleccións de novembro de 1933 foi detido; xulgado en consello de guerra foi condenado a catro anos de prisión correccional,[2] e internado no penal de El Dueso. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado. Foi nomeado alcalde de Boiro en marzo de 1936.[3] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid.[4] Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas Galegos[5]. Exiliouse na Arxentina. Retornou a Galicia despois da morte de Franco e finou en Boiro o 14 de outubro de 1985 con 87 anos.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Consuelo Outeiral Outeiral, irmá de Juan Outeiral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 9.
- ↑ El Compostelano, 14-2-1935, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10.
- ↑ Algunhas fontes afirman que saíu de Galicia na evasión do San José n.º 2 o 27 de xullo de 1936 xunto con Elpidio Villaverde (Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936-1976). A Nosa Terra, 2006, páxina 13). Pode deberse a unha confusión co que era primeiro tenente alcalde José Martínez Virel ou co seu irmán Ramón Somoza Rebollido.
- ↑ El Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-10-1985, p. 50.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936) (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-394-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Cinco anos de axitación obreira na vila de Boiro". La Voz de Galicia. 30 de novembro de 2007.
Predecesor: Benito Calo Beade |
![]() Alcalde de Boiro 1936 |
Sucesor: Bernardino López Romero |