Saltar ao contido

José Calviño Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Calviño Domínguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Lores, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

9 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Gobernador civil de Biscaia
outubro de 1931 – setembro de 1932
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
agosto de 1931 – outubro de 1931
Gobernador civil da provincia de Lugo
abril de 1931 – agosto de 1931 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito (–1913) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, procurador, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana (1936–)
Organización Republicana Gallega Autónoma (1929–1934)
Irmandades da Fala (1926–1931)
Irmandade Nazonalista Galega (1922–1924) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiClaudio Calviño Cobas Editar o valor en Wikidata

José Calviño Domínguez, nado en Lores (Meaño) e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1947, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Con Ramón Fernández Mato no parque do Hotel Cristina, 1933.

Fillo de Claudio Calviño Cobas e María Domínguez, e sobriño de José Calviño Cobas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1913).[1] Foi nomeado Xuíz municipal de Meaño para o período 1918-1922,[2] pero renunciou ao cargo e estableceuse na Coruña como procurador en 1918.[3] Colaborou en Vida Gallega e El Ideal Gallego e na revista Vida e foi correspondente de El Pueblo Gallego na Coruña.[4] Presentouse ás eleccións municipais de 1920 como republicano, pero non foi elixido. Integrou a delegación da Irmandade Nazonalista Galega na Coruña dende a súa fundación en xaneiro de 1923.[5] Militante de Acción Republicana, en 1930 formou parte do Comité Executivo da Federación Republicana Gallega e participou no Pacto de Lestrobe. Coa proclamación da República foi nomeado gobernador civil de Lugo en abril de 1931, pasando en agosto a ser gobernador de Pontevedra e en outubro de Biscaia, onde permaneceu ata setembro de 1932, cando foi nomeado Director xeral de Administración civil (o 17 de setembro de 1932) e posteriormente Director Xeral de Beneficencia (o 6 de maio de 1933), posto do que dimitiu o 19 de setembro de 1933.

Integrado en Izquierda Republicana, foi elixido deputado do Fronte Popular pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. Ao rematar a guerra civil exiliouse en Biarritz (Francia) onde foi detido pola Gestapo ao confundilo con José Calviño Ozores. Retornou a España pola fronteira de Irún, moi enfermo, a principios de xaneiro de 1947.[6]

Finou en Madrid o 23 de xaneiro de 1947,[7] e foi soterrado en Lores (Meaño).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Iglesias Babé en 1923, e foi pai de María del Carmen (nada en 1925) e Dolores Calviño Iglesias (nada en 1927).

  1. El Ideal Gallego, 14-22-1913, p. 3.
  2. El Correo de Galicia, 20-10-1917, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 1-2-1918, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 29-11-1928, p. 1.
  5. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte Xerais:Vigo, p. 293
  6. ABC, 12-1-1947, p. 25
  7. La Voz de Galicia, 26-1-1947, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]