Saltar ao contido

José Costa Figueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Costa Figueiras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1880 Editar o valor en Wikidata
Pantón, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 1955 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosXavier Costa Clavell Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1234277 BUSC: costa-figueiras-jose-1880-1955

José Costa Figueiras, nado en Toiriz (Pantón) o 4 de abril de 1880 e finado en Chantada o 5 de xuño de 1955, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Ourense e comezou a súa carreira xornalística nos periódicos lugueses El Regional e La Idea Moderna e en Heraldo de Lemos de Monforte de Lemos; tamén colaborou en Las Riberas. Trasladouse a Barcelona en 1903 e alí colaborou na prensa, foi correspondente do madrileño Diario Universal dende 1906 e redactor da Enciclopedia Ilustrada impresa pola Editorial Seguí. Regresou a Chantada en 1908 e fundou o semanario Faro-Miño, que deixou de publicarse a finais dese ano. Emigrou á Arxentina en 1910 e en Buenos Aires traballou na oficina recadadora de impostos, na redacción do diario La Argentina e comezou o seu labor literario. Alí fundou e dirixiu a revista Rojo y Gualda, dirixiu o boletín do Centro Gallego e foi presidente fundador da Asociación de Chantada y su Partido (1916).[1] Regresou a España en 1917, traballando no xornal madrileño El Fígaro e colaborou en Vida Gallega. En 1920 fundou e dirixiu en Chantada El Regionalista. Na ditadura de Primo de Rivera foi oficial do concello de Carballedo[2] e secretario do concello de Monterroso en 1926.[3] Destinado durante algún tempo na Delegación de Traballo de Lugo, en 1947 pasou á Sección de Estudos e Publicacións do Ministerio en Madrid, cargo no que se xubilou en 1950. Neste ano regresou á súa residencia de Chantada, onde faleceu.

  • La risa de Dios, 1913.
  • España en ultramar: La sugestión de América (1919) e Las fraguas de la fortuna (1920).
  • En tierras del Plata, 1921.
  • Los agros de Sureda, 1926.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Irmán do notario Luís Costa Figueiras (n. 1882). Casou con María de la Cinta Clavell Balada, que finou en Chantada o 23 de abril de 1966, e foi pai de Carmen, José, María Luisa, Alfredo e Xavier Costa Clavell.[4]

  1. El Norte de Galicia, 22-3-1916, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 26-3-1924, p. 6.
  3. El Regional, 24-4-1926, p. 3.
  4. El Progreso, 24-4-1966, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]