José Devesa Areosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xullo de 1908 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de agosto de 1936 (28 anos) Cacheiras, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Modesto Isaac Devesa Areosa, coñecido como Pepiño Areosa, nado en Santiago de Compostela en xullo de 1908 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un empregado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou na armería familiar (Armería Areosa. Máquinas de Coser) na Rúa do Vilar, e despois no taller de mecánica do seu tio José. Foi agredido por varios jaimistas en xaneiro de 1933,[1][2] e como consecuencia sufriu unha trepanación.[3][4] Militou en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela. Detido e ingresado na prisión de Compostela, foi sacado da prisión a noite do 18 de agosto e paseado en Cacheiras (Teo). O seu cadáver apareceu xunto co de Ánxel Casal.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 270–271. ISBN 84-8485-186-9.