José Espada Novoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1816 Santo André de Penosiños, España |
Morte | 5 de outubro de 1874 (58 anos) Granada, España |
Actividade | |
Ocupación | xurista, político |
Familia | |
Fillos | Luis Espada Guntín |
José Espada Novoa, nado o 3 de outubro de 1816 en Santo André de Penosiños (Ramirás) e finado en Granada o 5 de outubro de 1874, foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bolseiro no Seminario de Ourense, abandonou a carreira eclesiástica para estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi promotor fiscal do xulgado de Ourense (1847) e do de Lugo. Foi xuíz en León, Toledo e Madrid e maxistrado das Audiencias de Albacete (1866) e Pamplona (1870). En 1863 presentouse ás eleccións por Celanova, pero retirouse antes de producirse a elección. Foi elixido deputado polo distrito de Ourense pola Unión Liberal (1864-1865). Volveu á vida xurídica como xuíz de instrución do distrito do Palacio da Corte e despois do Palacio de Toledo. En 1868 foi presidente da Audiencia Territorial de Granada. É pai de Luis Espada Guntín.