José Fandiño Pidre
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1902 ![]() Moaña, España ![]() |
Morte | 31 de decembro de 1936 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
22 de marzo de 1936 – 22 de xullo de 1936 (destitución) ← José Romero Piñeiro – José Carvajal Quiroga → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
José Fandiño Pidre, nado en Moaña o 14 de xaneiro de 1902 e finado en Vigo o 31 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Nova York co seu pai. En 1935 e cos aforros da emigración decidiu quedar definitivamente, para montar un café económico na súa casa da Seara. Logo das eleccións de febreiro de 1936 que supuxeron a vitoria da Frente Popular foi restituída a corporación de elección popular de Moaña, pero foi destituída ao pouco tempo e nomeada unha xestora para a que foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 22 de marzo de 1936.[1]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 22 de xullo. Nun intento de salvar a vida, chegou a contribuír economicamente coa Falanxe de Moaña, pero finalmente foi detido e procesado por auxilio á rebelión. Xulgado en Vigo o 17 de decembro por rebelión na causa 1212/36 xunto con José Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé, Eugenio Gayo Santomé, Manuel Catrofes Rodríguez, Manuel Fervenza Pena, Manuel Vilariño Santomé, Luis Pérez Álvarez e Arturo Piñeiro Iglesias “Chaplin”.[2] Foi condenado a pena de morte e fusilado en Vigo o 31 de decembro con Jesús Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé e Fernando Lago Lago;[3] a súa casa foi embargada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 26-3-1936, p. 2.
- ↑ Consellos de guerra a moañeses.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-1-1937, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Fernández, Xoán Miguel; Villaverde Román, Xosé Carlos (1999). Moaña nos anos vermellos. Conflictividade social e política nun concello agrario e mariñeiro (1930-1937). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-928-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Carlos Villaverde (14 de abril de 2009). "Homenaxe a un bo alcalde e mellor persoa". Faro de Vigo.
Predecesor: José Romero Piñeiro |
![]() Alcalde de Moaña 1936 |
Sucesor: José Carvajal Quiroga |