Saltar ao contido

Luis Pérez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Pérez Álvarez
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor en Wikidata
Moaña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1983 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Moaña, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesNacidas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador, sindicalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5551090 Dialnet: 5101154 Nomes e Voces: 1540

Luis Pérez Álvarez, coñecido como Luis de Nacidas, nado en Moaña en 1916 e finado no mesmo concello en 1983, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Pérez Eiroa e Virtuosa Álvarez. Mariñeiro de Moaña, comezou de rapaz nun bote que ía ao boliche. Membro do sindicato Solidaridad Marinera da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo o 17 de decembro por auxilio á rebelión na causa 1212/36 xunto con José Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé, José Fandiño Pidre, Eugenio Gayo Santomé, Manuel Catrofes Rodríguez, Manuel Fervenza Pena, Manuel Vilariño Santomé e Arturo Piñeiro Iglesias “Chaplin” , foi condenado a 15 anos de prisión o 23 de decembro.[1] Estivo preso en Vigo, na Illa de San Simón, e no cuartel de Santocildes de Astorga. Realizou traballos forzados na construción da liña Ponferrada-Burgos. Saíu en liberdade condicional en 1942. Traballou como patrón de pesca en Moaña, onde faleceu en 1983.

Xa xubilado escribiu unhas memorias coa intención de legarlle a súa memoria ao seu neto.[2][3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]