José Fariña González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Pontevedra, España |
Morte | 1937 Valencia, España |
Familia | |
Fillos | Ramón Fariña Cobián, Herminia Fariña |
Premios | |
José Fariña González, nado en Pontevedra e finado en Valencia en 1937[1], foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tipógrafo nos talleres de La Correspondencia Gallega. Como soldado participou na campaña de Filipinas e ascendeu a tenente. Ao rematar a guerra volveu a Pontevedra[2]. Foi director da Escola Militar Patria que funcionou en Pontevedra e xefe dos exploradores de Pontevedra. Despois foi xefe dos Centros de Movilización de Calatayud e Valladolid. En 1935 foi nomeado xeneral de Brigada e concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Militar con distintivo branco. Morreu en Valencia de morte natural en 1937, pero a propaganda franquista afirmaba que fora asasinado polo goberno republicano[3].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Regina Cobián Tejo en 1899[4] e foi pai de Herminia Fariña, Josefina Fariña Cobián e Ramón Fariña Cobián.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aínda que o Diario de Pontevedra, 14-12-1937, p. 2, afirma que morreu en Madrid, en realidade morreu en Valencia.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 27-3-1899, p. 2.
- ↑ "El dolor de la poetisa huérfana. Un general que murió en su cama". La Vanguardia: 3. 19-5-1938.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 6-10-1899, p. 2.