José Fernando Carrillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1949 (75 anos) Lima, Perú |
Alcalde de Fisterra | |
1991 – 1995 ← Valentín Castreje – Ernesto Ínsua Olveira → | |
Actividade | |
Ocupación | educador, político |
José Fernando Carrillo Ugarte, nado en Lima o 8 de marzo de 1949, é un profesor e político galego de orixe peruana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no distrito de Lince, na cidade de Lima, no Perú. Fillo do avogado Eduardo Carrillo León e de Alicia Vitoria Ugarte del Pino.
Logo de facer os estudos primarios e secundarios no colexio Marista San Luis de Barranco,[1] en 1967 ingresou na Casa de Formación da Congregación dos Irmáns Maristas no distrito de Santa Eulalia. Trasladouse a Peñafiel (provincia de Valladolid) para facer o postulantado e noviciado, e regresou a Lima para seguir os estudos na Escola Normal Superior Marcelino Champagnat, obtendo o título de Profesor de Educación Secundaria en Relixión e Filosofía. Deu clase nos Colexios Champagnat de Chosica, San Luis de Barranco e San José do Callao, ademais de realizar estudos en Orientación do Educando e de Historia do Perú na Pontificia Universidade Católica do Perú (Inst. Riva Agüero).
En 1975 deixou a Congregación Marista. Trasladouse a Madrid un ano despois cunha bolsa do Instituto de Cultura Hispánica para facer o Curso de Innovación de Sistemas Educativos, outros cursos de formación do profesorado no ICE da Universidade Complutense de Madrid, obtendo, finalmente, o Título de Licenciado en Filosofía e Letras: Sección de Filosofía. Xa en Fisterra, deu clase en Primaria e Secundaria no Colexio da Nosa Señora do Carme.[2]
Política
[editar | editar a fonte]En 1988 foi elixido concelleiro en Fisterra polo CDS. En 1991 foi elixido alcalde co apoio do PP, pero 9 meses despois asinou un pacto coas forzas políticas entón na oposición (PSdeG e BNG), que pasaron a formar parte do novo goberno.
En 1995, pasou a ocupar o cargo de 1º tenente de alcalde e responsable da área de Cultura e Deportes. Tralas eleccións de 1999 quedou como portavoz municipal do grupo do CDS, na oposición. En 2003 abandonou a política activa.
Escribiu numerosos artigos da historia de Fisterra e de análise política, que foron publicados nos diarios La Voz de Galicia e O Correo Galego.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1978 Fisterra con Josefa Lago Lizancos, coa que ten tres fillos.
Predecesor: Valentín Castreje |
Alcalde de Fisterra 1991 - 1995 |
Sucesor: Ernesto Ínsua Olveira |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (4 de setembro de 2017). "Desde Fisterra hasta Lima, Perú, para un 50.º aniversario". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022.
- ↑ Redacción (2 de febreiro de 2014). "Una semana feliz para el incansable Fernando Carrillo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022.