Ernesto Ínsua Olveira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1952 (72 anos) Fisterra, España |
Alcalde de Fisterra | |
1995 – 1999 ← José Fernando Carrillo – Valentín Castreje → | |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Ernesto Ínsua Olveira, nado en Fisterra o 28 de decembro de 1952[1], é un político e funcionario galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario do ISM, foi o director das delegacións de Fisterra e Corcubión dende 1978. Foi elixido candidato á alcaldía fisterrá polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1991. Conseguiu triplicar os resultados dos socialistas, logrando 3 edís, e sela segunda forza máis votada contribuíndo a acabar coa maioría absoluta de Valentín Castreje á fronte do PPdeG. Desta forma, explorouse un acordo para logra-la alcaldía co apoio do BNG e do CDS, porén os candidatos destas formacións, Tereixa Novo (3 edís) e José Fernando Carrillo (1 edil), pediron a alcaldía para eles mesmos. Esta situación derivou en que os socialistas acordaron investir a Tareixa Novo e que Carrillo se presentase á investidura, logrando este o apoio do PPdeG e a alcaldía. Porén, as malas relacións entre o centrista e os populares derivou en marzo de 1992 nun pacto de goberno do alcalde co PSdeG e BNG, asumindo Ínsua unha tenencia de alcaldía e concellería de obras[2].
Nas municipais de 1995 foi de novo candidato socialista. O goberno tripartito mantivo a maioría, se ben Carrillo subiu de 1 a 3 concelleiros a costa do PSdeG e do BNG, pasando a se-la principal forza dos tres. Aínda así, conseguiu que os centristas lle cedesen a alcaldía, polo que foi investido co apoio destes e do BNG, continuando o goberno ata as municipais de 1999, cando decide non presentarse á reelección e volver ó seu traballo no ISM.
Durante os 7 anos de goberno tripartito destacou a promoción turística do concello, moi especialmente vinculada ó Xacobeo e á fin do Camiño de Santiago.
Predecesor: José Fernando Carrillo |
Alcalde de Fisterra 1995 - 1999 |
Sucesor: Valentín Castreje |