José García Morales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 14 de agosto de 1945 ![]() Louredo, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate ![]() |
Outros nomes | Maletas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Familia | |
Irmáns | Rogelio García Morales ![]() |
![]() |
José García Morales, Maletas, nado en Vigo e finado en Louredo (Mos) o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 loitou nas barricadas de Lavadores. En 1938 organizou co seu irmán Rogelio García Morales un grupo guerrilleiro composto por comunistas e anarquistas. Logo da morte do seu irmán en Vilar de Infesta (Redondela) o 15 de outubro de 1939, reorganizou o grupo con Avelino Otero Montes, pero xa baixo o control de Manuel Simón Campos. O grupo operou nos montes de Mos e realizou varias accións en Tameiga, Petelos, Nordales e Ponte de Guizo.
En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con Ramón Pereira Antelo, José Luís Quintas Figueroa, Manuel Simón Campos e Abraham Lloriente Sánchez.[1] En 1944 o grupo de supervivientes uníronse ao grupo de Benigno Andrade García "Foucellas". Integrouse no destacamento Paco Barreiro. O 14 de agosto de 1945, estabeleceron un control na estrada de Vigo a Ourense e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cía. O grupo foi perseguido pola Garda Civil e José García foi abatido no monte Saramagoso (na parroquia de Louredo) xunto con Urbano Fernández Bastos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Requisitoria, El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 73. ISBN 84-8485-231-8.