Ramón Pereira Antelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Vigo, España ![]() |
Desaparición | 1946 ![]() |
Morte | século XX ![]() |
Outros nomes | Parrillero ![]() |
Ideoloxía política | Oposición ao franquismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro, maquis ![]() |
Período de actividade | - 1946 ![]() |
![]() ![]() |
Ramón Pereira Antelo, coñecido como Parrillero, nado en Vigo, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zapateiro e militante do PCE. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. En 1938 formou un grupo cos irmáns Rogelio e José García Morales (os Maletas), Manuel Simón Campos (Xanote), e Manuel Rodríguez Fernández (Manolo de Cabral), que actuaban na comarca de Vigo. Foi procesado con José García Morales na causa 771/1939.[1] Foi acusado da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez con José García Morales, Julio Guillén Biel e José Luís Quintas Figueroa.[2] En 1940 desfíxose o grupo. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, José Luís Quintas Figueroa, Manuel Simón Campos e Abraham Lloriente Sánchez.[3] En 1946 naceu o Destacamento Paco Barreiro do Exército Guerrilleiro de Galicia, e Ramón Pereira desapareceu por esas datas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 108. ISBN 84-8485-231-8.