Saltar ao contido

Manuel Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCoxo de Cabral
Manolo de Cabral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata


Non confundir con: Juan Manuel Rodríguez Fernández

Manuel Rodríguez Fernández, coñecido como Coxo de Cabral ou Manolo de Cabral, nado en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado a filas e desertou e estivo fuxido. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. Fuxido con Delmiro Barreiro Cubeiro e Guillermo Santos Caride, en 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,[1] pero fuxiron novamente ao saber que ían ser detidos. En xullo de 1940 foi procesado por atraco e roubo con Amador García Coco e Guillermo Santos Caride.[2] Nese ano presentouse novamente ante a Garda Civil e vendeu os seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González. Pronto foi liberado.

  1. El Pueblo Gallego, 5-5-1939, p. 8.
  2. Requisitoria, El Pueblo Gallego, 16-6-1940, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 118. ISBN 84-8485-231-8.