Saltar ao contido

José Ignacio Sáenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ignacio Sáenz
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 2006 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1992–1993   CD Logroñés 42(3)
1993–1995   CD Logroñés 48(2)
1995–1997   Valencia CF 61(1)
1997–2002   Real Zaragoza 146(7)
2002–2005   Celta de Vigo 73(8)
2006–2006 Logroñés Club de Fútbol 10(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1996   España sub-21 14(0)
1996–1996   España sub-23 4(0)
2001–2001   España 2(0)
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 185978 Editar o valor en Wikidata

José Ignacio Sáenz Marín, nado en Logroño o 29 de maio de 1973, é un exfutbolista profesional español máis coñecido como José Ignacio, que xogaba na demarcación de centrocampista defensivo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no CD Logroñés, debutou co primeiro equipo en Primeira División o 4 de decembro de 1993 ante o FC Barcelona. Tras o descenso do seu equipo a Segunda División fichou polo Valencia CF en 1995, onde permaneceu dúas tempadas, durante as cales foi seleccionado polo técnico da Selección de fútbol sub-21 de España Javier Clemente para disputar os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996.

En 1997 é traspasado ao Real Zaragoza, onde permanecería a maior parte da súa carreira. Nas cinco tempadas que militou en Zaragoza gañou a Copa do Rei e debuta coa Selección de España absoluta, da man de Jose Antonio Camacho.

No verán de 2002 ficha polo Celta de Vigo tras rematar contrato co Zaragoza. En Vigo xogou ás ordes de Miguel Ángel Lotina que xa o dirixira na súa época no CD Logroñés. Na súa primeira tempada en Vigo foi unha peza importante da clasificación do equipo para a Liga de Campións, na segunda a pesar do descenso do equipo a Segunda División quedou para a memoria o gol de Jose Ignacio en San Siro ante o AC Milan na vitoria 1-2, o que supuxo a clasificación do equipo para os oitavos de final.

A destitución de Miguel Ángel Lotina, o seu gran valedor, e unha serie de lesións relegárono á suplencia. O Celta remataría por non facerlle ficha co primeiro equipo na tempada 2005/06, xa comezada a tempada desligase do club e ficha polo Logroñés CF, equipo no que se retirou e do que foi posteriormente director deportivo.