José Izquierdo Durán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1890 Tui, España |
Morte | 23 de outubro de 1939 (49 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | ilustrador, debuxante de banda deseñada, caricaturista |
Membro de | |
José Bienvenido Izquierdo Durán (asinaba Yzquierdo Durán) nado o 22 de marzo de 1890 en Tui e finado o 23 de outubro de 1939 nun cárcere de Madrid, foi un ilustrador e debuxante galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do avogado José Izquierdo Sarmiento e de Concepción Durán Mera, aprobou oposicións ao Ministerio de Facenda e trasladouse a Madrid en 1911. Fixo portadas para Vida Gallega, Mundo Gráfico e Nuevo Mundo. Debuxou publicidade para La Toja e Osram. Colaborou en Alrededor del Mundo, Muchas Gracias, Gran Vida e La Esfera. Ilustrou coleccións literarias semanais como El cuento azul, La Novela de Hoy, La Novela Mundial, Novelistas, Los Poetas, El Teatro Moderno, La Novela Pasional, La Novela de Noche, Biblioteca para Todos, Colección Liliput e outras.[1]
Membro da UGT e da Agrupación Socialista Madrileña, ao finalizar a Guerra civil española foi condenado en consello de guerra á pena de morte. Finou no Cárcere de Porlier.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario biográfico del Socialismo Español Fundación Pablo Iglesias (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Izquierdo Durán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Crespo Amado, Rosario (2017). "Precedentes del cómic gallego" Tebeosferea (en castelán).
- Fernández-Valdés Costas, Manuel (1958). Familias antiguas de Tuy. Talleres de Artes Gráficas del Hogar Provincial de Pontevedra (en castelán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sánchez Bargiela, Rafael (10/12/2011) "Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia" Tudensia.