Saltar ao contido

José Jesús Ramos Ledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Jesús Ramos Ledo
Biografía
Nacemento28 de abril de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Taboada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Taboada
1987 – xullo de 2009 (dimisión)Ramiro Moure Ansoar → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Premios

José Jesús Ramos Ledo, nado en Taboada o 28 de abril de 1944, é un mestre,[1] e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre, foi director do CPI de Taboada durante 32 anos. Foi tamén director da Cooperativa A Medela e Presidente do Taboada C.F., cargos que ostentaba simultaneamente (xunto co de director do colexio) e que abandonou cando accedeu por primeira vez á alcaldía.

En 1983 presentouse ás eleccións municipais en Taboada encabezando a lista de Coalición Galega, que foi a máis votada conseguindo seis concelleiros, pero unha coalición entre Alianza Popular e o PSOE facilitou a alcaldía para Alianza Popular. En 1987 presentouse por Alianza Popular, obtendo oito concelleiros, a maioría absoluta e a alcaldía. Repetiu a maioría absoluta nas sucesivas eleccións presentándose polo PPdeG. Foi deputado provincial encargado de Educación e Deporte durante máis de oito anos.

En 2002 foi denunciado polo voceiro socialista no consistorio por falsidade documental e ocultación de información,[2] sendo xulgado en 2006.[3]

En xullo de 2009 renunciou á alcaldía para ser Xefe territorial da Consellería de Educación na provincia de Lugo, sendo sucedido por Ramiro Moure.[4] En xuño de 2013 abandonou a presidencia da agrupación local do PP[5] e en 2014 xubilouse.[6]


Predecesor:
Antonio García Fontao
 
Alcalde de Taboada
 
1987 - 2009
Sucesor:
Ramiro Moure Ansoar

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]