Anxo González Guerra
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1955 (69 anos) Trasar de Carballo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático, wikimedista |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Vitoria Ogando Valcárcel |
Fillos | Paulo González Ogando |
Premios | |
| |
Páxina web | anxo.info |
Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.
Xubilouse da docencia en abril de 2015.[1]
Colaborou na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu. Dende 2015 colabora de forma activa na Galipedia.[2]
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[3]
Dende 2021 a 2023 colaborou co programa Luar da Televisión de Galicia facendo o papel de profesor de lingua galega.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- O idioma galego na poesía de Manuel Antonio. Ediciós do Castro, 1981, Sada. ISBN 84-7492-076-0.
- Manuel Antonio. Nós, 1982, A Coruña (con Xosé Ramón Pena). ISBN 84-7540-004-3.
- Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Vitoria Ogando Valcárcel). ISBN 84-86531-36-1.
- "Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12-2010. ISSN 1698-7861.
- Contos do avó Anxo para o neto Aldán. Autoedición, 2016. ISBN 978-84-16121-51-9.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2004: Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia, polo traballo Mulleres libros e internet, con Mª Ángeles Costa Giráldez e Rosario Sánchez Gabriel-Sánchez.[5]
- 2013: Premio para o uso das TIC como apoio á personalización da aprendizaxe en educación secundaria, dotado con dez mil euros. Concedeuse por unanimidade ao proxecto denominado m-TIC. Programando aplicaciones con APP INVENTOR, presentado por un equipo docente do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, constituído por dona M.ª Esperanza Gesteira Losada, dona M.ª Rosario Sánchez-Gabriel Sánchez, e don Anxo González Guerra. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.[6]
- 2018: Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra[7] xunto con Vitoria Ogando.
- 2019: Finalista na Gala do Libro Galego por ogalego.eu con Vitoria Ogando.
- 2022: Premio Cidade de Pontevedra[8] xunto con Vitoria Ogando.
- 2023: Billó de Ouro, concedido pola Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e o concello de Carballedo.[9]
- 2024: Tangaraño de Honra en Sobradelo.[10]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Con Teresa Cuíñas na Libraría Paz de Pontevedra en 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barral, Cristina (2015-01-31). "«Tiven alumnos marabillosos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-09.
- ↑ López, Belén (2021-11-30). "Anxo González Guerra: "Quen me ía dicir a min que de xubilado acabaría no 'Luar'!"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-12-09.
- ↑ "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-27.
- ↑ "ogalego.eu: clases de galego no Luar da TVG". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-12-09.
- ↑ X.C. (2014-06-02). ""Nas clases precisamos medios en galego e con óptica galega"". Nós Diario. Consultado o 2023-11-01.
- ↑ "BOE-A-2013-13195 Resolución de 27 de noviembre de 2013, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se conceden los Premios Nacionales de Educación en la enseñanza no universitaria correspondientes al año 2013 en las categorías de: centros docentes, carrera académica de investigación e innovación educativa, entidades para la promoción educativa y equipos docentes.". www.boe.es. Consultado o 2023-11-01.
- ↑ "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1/3/2018.
- ↑ Alonso, Serafín (2022-01-14). ""O galego non limita, o galego abre camiños"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ L., A. (2023-10-16). "Anxo González Guerra recibirá o Billó de Ouro no seu Carballedo natal". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-01.
- ↑ Redacción (2024-06-03). "Remata o Tangaraño Cultural de Sobradelo 2024". OUrensenarede.com. Consultado o 2024-06-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo González Guerra |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.ogalego.eu, páxina web dedicada á lingua galega.
- Ficha en Galegos.
- Entrega do Billó de Ouro na Barrela