Paulo González Ogando
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1982 (42 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Pais | Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel |
Sitio web | paulo.gal |
Paulo González Ogando, nado en Pontevedra o 24 de setembro de 1982, é un profesor de matemáticas e escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou secundaria no IES Torrente Ballester e licenciouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela.
Comezou traballando de analista na empresa privada en Madrid. Despois foi docente de matemáticas en Ordes, Hervás, Pobra de Seabra, Medina de Pomar e finalmente no IES Johán Carballeira de Bueu.[2]
No seu blog compaseregra[3] leva compartidas centos de construcións dinámicas elaboradas seguindo as normas clásicas da xeometría con regra e compás.[4] Tamén elaborou múltiples actividades con Geogebra.[5] Ten publicado artigos en La Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española, Revista Números, Revista SUMA[6] e Boletín de la titulación de matemáticas de la UAL,[7] Boletín das Ciencias,[8] lva2.[9]
En 2022 publicou Bocados matemáticos.[10] Libro de divulgación no que "pretende romper prexuízos, facer pensar e acercar as matemáticas en pequenos bocados",[11] "facer que a xente vexa as matemáticas con outra mirada, que perda os medos e bloqueos e que lles dean outra oportunidade"[12] e aumentar a divulgación científica en galego.[13] Segundo María Navarro son "un bocado ben gorentoso para os especialistas na materia e profanos que queiran mordisquear contidos matemáticos dunha forma amena e gustosa".[14]
Tamén en 2022 saíu en castelán Matemáticas y deporte, no que se relacionan estes dous mundos fixando a atención en atletismo, baloncesto, ciclismo, fútbol, tenis, billar, natación, tiro ou béisbol.[15]
Obra
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]- Bocados matemáticos (2022). Vigo: Xerais, Básicos ciencia. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-046-5. ePub: ISBN 978-84-1110-052-6.[16][17]
En castelán
[editar | editar a fonte]- Matemáticas y deporte (2022). Madrid: Catarata, Col. Miradas matemáticas. 128 páxs. ISBN 978-84-1352-429-0.
Familia
[editar | editar a fonte]Paulo González Ogando é fillo de Vitoria Ogando e Anxo González Guerra.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio de microrrelatos Cela 2022.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paulo González Ogando". www.aelg.gal. Consultado o 2023-10-02.
- ↑ xornaldebueu (2022-01-19). ""A ver se conseguimos ter divulgación científica en galego e chegar a máis xente"". Xornal de Bueu. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ "Compás e regra, paulo.gal". paulo.gal. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ "Paulo González Ogando. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ "Paulo González Ogando – Materiais". GeoGebra. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ SUMA. "Revista 103 – Revista SUMA" (en castelán). Consultado o 2023-04-20.
- ↑ "Publicacións, paulo.gal". paulo.gal. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ González Ogando, Paulo (xuño 2023). "MOVEMENTOS NO PLANO E MOSAICOS CON PROGRAMAS DE XEOMETRÍA DINÁMICA" (PDF). boletindasciencias.gal. Consultado o 27 de febreiro de 2024.
- ↑ "Volumen II, Número 1". lva2.es. Consultado o 2025-01-30.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ Nestar, Beatriz (29 de xaneiro de 2022). "De Cantodarea a Domaio. Paulo González Ogando, profesor de matemáticas no IES Johán Carballeira e autor". Diario de Pontevedra: O Morrazo 5.
- ↑ "RADIO.- Que ten que ver un balón de fútbol coas matemáticas? Paulo González cóntacho". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-02-01.
- ↑ Rial, Clara (1 de febreiro de 2022). "O libro pon o foco en captar a atención para seguir investigando no uso das matemáticas". Nós Diario: 32.
- ↑ Navarro, María (2022-03-10). "Matemáticas gorentosas. Claro e rigoroso volume". Faro de Vigo. Consultado o 2022-03-10.
- ↑ "Matemáticas y deporte. Catarata". catarata.org (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2022.
- ↑ "Paulo González publica 'Bocados matemáticos' (Xerais): "As matemáticas poden ser divertidas e fermosas" CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-02-09.
- ↑ Cibrán (2022-03-20). "Retallos de matemáticas: Uns Bocados que abren o apetito". Retallos de matemáticas. Consultado o 2022-03-20.
- ↑ "Paulo González Ogando, gañador do concurso de microrrelatos Cela 2022". Consultado o 2022-05-22.