José Julio Fernández Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (54/55 anos) A Rúa, España |
Actividade | |
Ocupación | xurista, investigador, politicólogo |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2018–) Universidade de Santiago de Compostela (2003–) Universidade de Santiago de Compostela (1998–2003) Universidade de Santiago de Compostela (1997–1998) |
José Julio Fernández Rodríguez, nado na Rúa en 1970, é un xurista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi valedor do Pobo de Galicia entre maio de 2012 e setembro de 2015. Así mesmo, director do Centro de Estudos de Seguridade da Universidade de Santiago de Compostela. Antigo membro da Xunta Electoral de Santiago de Compostela.
Asistiu como experto a diversos programas xurídicos internacionais de cooperación e de fortalecemento institucional (Perú, Turquía).
Cruz do Mérito Naval con distintivo branco (Reino de España). Doutor Honoris Causa pola Universidade Antonio Guillermo Urrelu.
Predecesor: Benigno López |
Valedor do Pobo 2012 - 2015 |
Sucesor: Milagros Otero |
Obra
[editar | editar a fonte]Autor de numerosas publicacións científicas sobre teoría da constitución, dereitos fundamentais, xustiza constitucional, Internet, estado autonómico, seguridade e defensa.[1]
Á marxe da súa actividade académica, é autor dos libros de poesía en lingua castelá e lingua galega respectivamente: Lejana Transparencia (Follas Novas, Santiago de Compostela, 2012) e Feitizo crepuscular (2013), e do conto infantil Astropal. Un cometa con corazón (Hércules de Edicións, A Coruña, 2015).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Un defensor repleto de títulos y que rompe el vínculo con la judicatura en La Voz de Galicia. (en castelán)
- Entrevista Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego. (en castelán)
- Entrevista na TVG