José Larralde
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Teodoro Larralde Saad 22 de outubro de 1937 (87 anos) Huanguelén, Arxentina (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, guitarrista |
Período de actividade | 1967 - |
Xénero artístico | Música tradicional |
Selo discográfico | Columbia Records RCA Records |
Premios | |
| |
José Teodoro Larralde, nado en Huanguelén, Arxentina o 22 de outubro de 1937 é un cantautor arxentino de música folclórica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descende de árabes e de vascos. Dende moi cativo, aos 7 anos, comeza a escribir versos .
Ademais de dedicarse á música realizou traballos de albanel, de mecánico, traballador rural, tractorista e soldador, e proseguiu traballando mentres realizaba as súas primeiras gravacións.
A súa irrupción foi fulminante, e tivo moito que o cantor Jorge Cafrune. Dedicado Larralde ao seu quefacer artístico, no seu pobo natal, anhelaba coñecelo e, sabendo que o seu veciño José Dip tiña trato con el, frecuentemente pedíalle que llo presentara. Unha noite de 1966, encontrándose nun asado en casa de seu tío Eduardo Saad, José Dip cúmprelle o desexo, e é así como Larralde lle fai coñecer a Cafrune algúns temas da súa autoría. A aceptación foi inmediata: despois de oílo cantar, Cafrune pediulle a José Dip que ao día seguinte chamara a Hernán Figueroa Reyes, director de gravacións de CBS, porque desexaba incluír algúns temas dos escoitados no seu disco en preparación, editado finalmente en 1967, titulado "Jorge Cafrune". E é así que, pese a algúns contratempos, "Permiso" e "Sin pique" finalmente estiveron presentes no LP de Cafrune.
Cafrune volveu a Huanguelén ao pouco tempo, xa que tiña que actuar en Girodías, que se atopa a escasos quilómetros dalí. Nesta ocasión invitou a José Larralde para que o acompañara. Cafrune interpretou tres temas e logo presentou a Larralde, quen a partir daquela se fixo dono do escenario, coa anuencia de Cafrune, e cantou varios temas, entre eles "Herencia pa' un hijo gaucho", a cal chegou a oídos dos directivos da compañía discográfica RCA, que ao pouco tempo decidiu contratalo.
No ano 1967, José Larralde gravou o primeiro de vinte e oito discos editados na Arxentina, sen contar reedición e compilados.
Larralde atopou un xeito de facerse coñecer sen grandes promocións e concentracións masivas. Usa a música popular de raíz folclórica cantando contra todo tipo do que el considera inxustizas e desigualdades.
Discografía
[editar | editar a fonte]Discografía oficial
[editar | editar a fonte]- Canta José Larralde (1967)
- Permiso (1968)
- El sentir de José Larralde (Herencia pa' un hijo gaucho) (1968)
- Hombre (1969)
- Pa' que dentre (1969)
- El sentir de José Larralde (Herencia pa' un hijo gaucho) - Segunda parte (1969)
- Amigo (1970)
- Santos Vega / Milonga de tiro largo (1970)
- Cimarrón y tabaco (1971)
- Cimbreando (1972)
- Simplemente (1973)
- Macollando (1973)
- Del corazón pa' dentro (1974)
- Y un porque sin final (1975)
- De hablarle a la soledad (1976)
- Al tranco manso nomás (1977)
- Si yo elegí mi destino (1978)
- Desde lejos (1979)
- Del Sur pa' allá (1980)
- Amansando soledades (1981)
- Un viento de aquel lao (1982)
- Hablando en criollo (1983)
- Viento arriba (1984)
- Como quien mira una espera (1995)
- Trayendo ayeres, vol. I y II (1996)
- A las 11 -1/4 (1999)
- El alegre canto de los pájaros tristes (2005)
Recompilacións e revisións
[editar | editar a fonte]- Pa' Darse Entero (1970)
- Pa' Usté (1972)
- Las Grandes Creaciones (1978)
- Por Adentro (1987)
- Retrato de un Grande (1990)
- Milongas (1992)
- 16 Grandes Exitos (1994)
- Serie 20 Exitos (1995)
- Folklore y verdad (1998)
- Romance de un Perseguido (1999)
- Con mi Sangre de Hoy (2002)
- Son Verdades las que Digo (2003)
- Antología (2004)
- Larralde vs. Cafrune (2006)
- Colección Nuestro Folclore (2007)
- Treinta verdades (2008)
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Santos Vega (1971) (debutou como actor neste filme)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "DonJoseLarralde"Arquivado 13 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine., Web Site autorizado con información, letras e biografía de José Larralde (en castelán)