José Lijó Louro
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 ![]() Ribeira, España ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 1937 ![]() cemiterio de Boisaca, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | chofer, sindicalista ![]() |
Membro de | |
![]() |
José Lijó Louro, coñecido como Pepe o Cocheiro, nado en Ribeira en 1900 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chofer. Membro Sindicato xeral de traballadores da CNT e do Comité da Fronte Popular en Ribeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao e José Sieira González,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.