Manuel Fernández Sendón
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1906 ![]() Ribeira, España ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 1937 ![]() cemiterio de Boisaca, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Enrique Fernández Sendón ![]() |
![]() |
Manuel Fernández Sendón, nado en Ribeira cara a 1906 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Enrique Fernández Sendón. Piloto da mariña mercante. Militante da UGT de Ribeira e do POUM. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.