José Luis Alonso Riego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1945 (79 anos) A Guarda, España |
Alcalde da Guarda | |
2000 – 2007 ← José Manuel Domínguez Freitas – José Manuel Domínguez Freitas → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Actividade | |
Ocupación | político, emprendedor |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Luis Alonso Riego, nado na Guarda o 15 de xaneiro de 1945, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Industrial propietario de Terrazos M. Riego no Porriño. Foi parlamentario autonómico dende 1981 por Alianza Popular e o seu sucesor o Partido Popular ata 1997. Nas municipais de 1999 foi candidato do PP á alcaldía da Guarda logrando a vitoria por maioría simple, polo que non conseguiu a alcaldía tras apoiar o BNG e Esquerda Unida ó candidato socialista Domínguez Freitas. Trala ruptura do pacto de goberno por parte de Esquerda Unida en novembro de 1999, en xullo de 2000 presentou unha moción de censura que saíu adiante co apoio dos concelleiros deste último grupo, cos cales estableceu un pacto de goberno.
Nas municipais de 2003 encabezou de novo a candidatura do PPdeG empatando nesta ocasión a 7 concelleiros co PSdeG de Domínguez Freitas, ó cal superou por tan só 18 votos. Revalidou a alcaldía co apoio dos concelleiros de Iniciativa Veciñal do Baixo Miño, formación que constituíran os edís de Esquerda Unida tras verse expulsados logo da moción de censura. Apoiou a Alberto Núñez Feijóo para suceder a Manuel Fraga como presidente do Partido Popular de Galicia.
En marzo de 2006 quedou en minoría trala ruptura do pacto de goberno cos independentes[1]. Non concorreu á reelección nas municipais de 2007, retirándose da primeira liña política.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 23. ISBN 84-8064-113-4.
- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 88–92. ISBN 84-7507-044-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: José Manuel Domínguez Freitas |
Alcalde da Guarda 2000 - 2007 |
Sucesor: José Manuel Domínguez Freitas |
- Deputados do Parlamento de Galicia por AP
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes da Guarda
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Nados na Guarda
- Nados en 1945
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia