José Manuel Domínguez Freitas
José Manuel Domínguez Freitas na XXI Feira do Viño do Rosal (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 ![]() A Guarda, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2015 ← José Luis Alonso Riego – Antonio Lomba Baz → | |
![]() | |
1999 – xullo de 2000 (moción de censura) ← Purificación Álvarez Álvarez – José Luis Alonso Riego → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
José Manuel Domínguez Freitas, nado en Camposancos (A Guarda) en 1954, é un mestre e político galego do PSdeG. Foi alcalde da Guarda dende 1999 ata o 2000 e dende o 2007 ata o 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro do PSdeG-PSOE na Guarda dende 1987. Encabezou a candidatura do PSdeG por vez primeira nas eleccións municipais de 1999 e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG e Esquerda Unida. En novembro de 1999 os concelleiros de Esquerda Unida abandoaron o goberno, deixando a socialistas e nacionalistas en minoría. Tras someter os orzamentos municipais a moción de confianza e ser derrubados polo PP e EU, estes grupos presentaron unha moción de censura en xullo de 2000 que fixo alcalde ó popular José Luis Alonso Riego, sendo os edís de EU expulsados da súa formación[1]. Nas municipais de 2003 foi novamente candidato do PSdeG á alcaldía e logrou un importante incremento de apoios, empatando a 7 concelleiros co PP e quedando a tan só 18 votos de superar á formación conservadora. Os populares continuaron na alcaldía co apoio dos anteriormente edís de EU, agora independentes.
Nas municipais de 2007 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a maioría absoluta con 9 concelleiros, sendo elixido alcalde da Guarda. Nas municipais de 2011 logrou novamente a vitoria, se ben perdeu a maioría absoluta ao baixar a 8 concelleiros, volvendo a ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votado e contando coa abstención do BNG. En ambas ocasións logrou as maiores cifras de votos dun alcalde na Guarda.
Despois de 28 anos en política non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, sendo substituíudo por Antonio Lomba Baz como candidato socialista[2] e, posteriormente, como alcalde.
Predecesor: Purificación Álvarez Álvarez |
![]() Alcalde da Guarda 1999 - 2000 |
Sucesor: José Luis Alonso Riego |
Predecesor: José Luis Alonso Riego |
![]() Alcalde da Guarda 2007 - 2015 |
Sucesor: Antonio Lomba Baz |