José Luis Gil
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Gil Sanz 9 de decembro de 1957 (67 anos) Zaragoza (España) |
Altura | 1,74 m |
Actividade | |
Ocupación | actor de dobraxe, actor de televisión, director de dobraxe, actor de teatro, actor de cinema, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1970 - 2021 |
Familia | |
Cónxuxe | Carolina Montijano |
Premios | |
| |
José Luis Gil Sanz, nado en Zaragoza o 9 de decembro de 1957, é un actor de cine, televisión e teatro español, ademais de director de dobraxe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Zaragoza o 9 de decembro de 1957. O seu papel máis coñecido é o de Juan Cuesta na serie de televisión humorística Aquí no hay quien viva, pasando posteriormente a interpretar o personaxe de Enrique Pastor na continuación en Telecinco, La que se avecina. No entanto, leva na dobraxe desde finais da década de 1970; na súa carreira dobrou a actores como Patrick Swayze, Tim Allen, Hugh Grant e Woody Harrelson.
Con só vinte anos foi contratado en exclusiva polos estudios de dobraxe Exa de Madrid, e foi entón cando comezou a súa carreira como actor de dobraxe. Tamén dirixiu e protagonizou a dobraxe de varias producións de Walt Disney Pictures, entre as que destacan Tarzán, a triloxía de películas de Toy Story (Toy Story, Toy Story 2 e Toy Story 3) dobrando a Buzz Lightyear, e Atopando a Nemo. Ademais de prestar a súa voz a dobraxes de ficción, colabora asiduamente en publicidade como locutor.
Tamén foi actor infantil en case corenta programas dramáticos como Estudio 1, Teatro de siempre e Novela, así como en tempadas infantís do Teatro Español e o Teatro da Zarzuela de Madrid, con representacións para os máis pequenos, de obras como As aventuras de Tom Sawyer.
Membro dun grupo de teatro afeccionado ata os 16 anos, dedicouse fundamentalmente á interpretación de obras clásicas. Tras esta etapa, reincorporouse ao teatro profesional na compañía de José Calvo, ao que considera o seu mestre. Despois actuou con outras compañías no Teatro Lara e no Teatro María Guerrero, entre outros.
Entre os anos 1992 e 1996 formou parte, xunto a Antonio Hernández e Alfredo Cernuda, do trío de humor Entretrés, actuando no Teatro Marquina, así como en numerosos programas de televisión, onde tamén protagonizou as series Fernández y familia (Telecinco) e Los Cañete (Forta) e facendo colaboracións en El comisario e Agente 700.
En teatro realizou varias obras: Tres versiones de la vida, de Yasmina Reza, Salir del armario, de Francis Veber, Ser o no ser, de Ernst Lubitsch, e Fuga, de Jordi Galcerán.
En 2012 debuta como director cinematográfico coa curtametraxe Entre Cartones, un conto urbano sobre a indixencia protagonizado por Carolina Noriega e o propio José Luis Gil.[1]
No persoal, está casado coa tamén actriz Carolina Montijano[2] e son pais de tres fillos. É xenro da tamén actriz Matilde Conesa.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Entre outros filmes:
- Como actor de imaxe en cine
- 1980: Con el culo al aire
- 1991: Cómo levantar 1000 kilos
- 1994: Todo es mentira
- 1996: Teresa y Vanessa
- 1999: Lisboa
- 2002: En la ciudad sin límites
- 2009: Fuga de cerebros
- 2010: El contratiempo (curtametraxe)
- 2011: G (curtametraxe)
- 2012: Entre Cartones (curtametraxe)[1]
- Como actor de dobraxe en cine
- 1979: La vida de Brian
- 1983: The Outsiders.
- 1987: Dirty Dancing
- 1988: ¿Quién engañó a Roger Rabbit?
- 1989: No matarás... al vecino
- 1990: Dark Angel
- 1994: Ace Ventura: Un detective diferente
- 1994: El cuervo
- 1995: Braveheart
- 1995: Nueve meses
- 1995: Toy Story
- 1996: Independence Day
- 1996: Días Extraños
- 1996: Showgirls
- 1996: James and the Giant Peach
- 1997: Volcano
- 1998: El gran Lebowski
- 1998: La leyenda del pianista en el océano
- 1999: Runaway Bride
- 1999: Tarzán
- 1999: Toy Story 2
- 2000: Buzz Lightyear, Comando Estelar: La aventura comienza
- 2001: Band of Brothers
- 2002: Peter Pan 2: Regreso al País de Nunca Jamas
- 2003: Finding Nemo
- 2005: El sueño de una noche de San Juan
- 2005: Valiant
- 2006: A Scanner Darkly
- 2006: Little Miss Sunshine
- 2007: Donkey Xote
- 2007: Locos por el surf
- 2010: Toy Story 3
Televisión
[editar | editar a fonte]Entre outras series:
- Como actor de imaxe en televisión
- 1998: Fernández y familia
- 2001: Agente 700
- 2001: El comisario
- 2003-2006: Aquí no hay quien viva
- 2007-: La que se avecina
- 2010: Felipe y Letizia
- Como actor de dobraxe en televisión
- 1975: La abeja Maya
- 1976-1984: Apartamento para tres
- 1981: D'Artacán y los tres mosqueperros
- 1983: Fraggle Rock
- 1984: Ashita no Joe
- 1989: Yo, Claudio (redoblaxe)
- 1991-1999: Un chapuzas en casa
- 1995: The X-Files
- 2000: Buzz Lightyear: guardianes del espacio
- 2001: Band of Brothers
- 2012: Uno para todas
Teatro
[editar | editar a fonte]Entre outras obras:
- 2006-2007: Tres versiones de la vida
- 2007: Salir del armario
- 2008: Voz en off na obra Los 39 escalones, adaptación de Hitchcock.
- 2009: Te veo
- 2009: Ser o no ser
- 2010-2012: Fuga
- 2013: Una más y nos vamos
Premios
[editar | editar a fonte]- Premios da Unión de Actores
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actor protagonista de televisión | Aquí no hay quien viva | Candidato |
2006 | Mellor actor protagonista de televisión | Aquí no hay quien viva | Gañador |
- Outros premios
- Premio Ercilla de Teatro (XXVII edición) polo seu papel na obra Ser o no ser (2011).
- X edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Torrelavega, Premio "Julio Núñez" polo seu papel na curtametraxe El contratiempo (2010).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Entre Cartones". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2012.
- ↑ Carolina Montijano
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "José Luis Gil: Trabajo como actor desde los diez años". El Progreso.