José Luis Pécker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Pécker Alberca 30 de agosto de 1927 Madrid, España |
Morte | 20 de decembro de 2007 (80 anos) Madrid, España |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito Escola Oficial de Xornalismo - xornalismo Facultade de Ciencias da Información - ciencia da información |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, xornalista, locutor |
Empregador | Cadena SER RTVE Antena 3 Radio |
Familia | |
Fillos | Beatriz Pécker Pérez de Lama |
Premios | |
| |
José Luís Pécker, nado en Madrid o 30 de agosto de 1927 e finado o 20 de decembro de 2007, foi un xornalista español. Foi pai da tamén xornalista Beatriz Pécker.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como locutor de radio, e ó longo dos anos 50 a súa voz fíxose popular desde as ondas da Cadena SER, onde colaboraba, entre outros moitos espazos, no concurso Un millón con casa y coche ou en Cabalgata de fin de semana o programa de Bobby Deglané, ó que logo substituíu á fronte do programa.
Pouco despois de que Televisión Española iniciase as súas emisións, incorporouse tamén ó Ente Público, no que, ó longo dos anos, dedicouse á presentación, sobre todo, de concursos como De 500 a 500.000, con Carmina Alonso e Isabel Bauzá, Las diez de últimas (1969), Cambie su suerte (1974) ou sobre todo Un millón para el mejor, á fronte do cal relevou, en 1969, a Joaquín Prat.
En 1969 colaborou con Andrés Pajares no lanzamento da canción humorística Un sillón para el peor.
Foi Premio Ondas en 1955 (Nacionais de Radio - Mellor locutor polo seu labor en Radio Madrid) e en 1958 (Nacionais de Radio - Mellor locutor polo seu labor na Cadena SER).
Faleceu o día 20 de decembro de 2007 ós 90 anos de idade