José Luis Vázquez Platas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Santa María de Ois, España |
Morte | 4 de outubro de 1980 (30/31 anos) Agurain, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Santa María de Ois |
Actividade | |
Ocupación | garda civil |
José Luis Vázquez Platas, nado en Santa María de Ois (Coirós) en 1949[1] e finado o 4 de outubro de 1980 en Agurain (Áraba), foi un garda civil galego, falecido en atentado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Incorporado ao servizo da Garda Civil, ascendeu a cabo primeiro e foi destinado a Vitoria. O 4 de outubro de 1980 foi encargado de escoltar o percorrido dunha proba ciclista en Salvatierra. Alí foi tiroteado por un grupo de persoas pertencentes a ETA. Canda el faleceron dous gardas civís máis, un deles o sobradés Ángel Prado Mella[2]. Polo seu atentado foron xulgados e condenados dous homes. Crese que no atentado participaron tamén outras tres persoas que, ou ben faleceron, ou ben aínda non foron xulgadas[3].
Foi inicialmente soterrado en Mieres, e trasladado posteriormente ao camposanto de Santa María de Ois, onde hai unha placa na súa memoria[4].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado, tivo unha filla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Luis tiña 31 anos cando faleceu http://www.rtve.es/memoriadevida/detalle.php?id=295
- ↑ Emotivo homenaje al guardia civil de Ois asesinado por ETA en 1980, La Voz de Galicia
- ↑ Araluce, su chófer y escoltas, y tres guardias civiles asesinados en Salvatierra. Libertad Digital
- ↑ Coirós recuerda a su mártir, La Voz de Galicia