Saltar ao contido

Agurain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAgurain
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°50′57″N 2°23′21″O / 42.8493, -2.3891
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaÁraba
CuadrillasCuadrilla de Salvatierra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.085 (2023) Editar o valor en Wikidata (134,63 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante)
lingua éuscara Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie37,77 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude605 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1256 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataErnesto Sainz Lanchares (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal01200, 01... e 01207 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE01051 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webagurain.com Editar o valor en Wikidata

Agurain (en vasco) ou Salvatierra (en castelán; oficialmente Salvatierra/Agurain) é un concello da provincia de Áraba, no País Vasco, capital da cuadrilla de Agurain. O municipio inclúe ademais da poboación de Agurain varias aldeas pequenas como Alangua, Arrizala, Egileor, Iturrieta ou Opakua.

A vila foi fundada no século XIII por Afonso X de Castela. En 1463, foi unha das cinco vilas fundadoras da Irmandade de Áraba, canda Vitoria, Miranda de Ebro, Pancorbo e Saxazarra.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de: Agurain desde 1991 ata 2004

1991 1996 2001 2004

3 650 3 796 4 006 4 096
  • Aguraingo Atseden Taldea
  • Aguraingo Trikitixa
  • Aguraingo Txistu Taldea
  • Alevin Futbol - C. De María
  • Asociación de xubilados Sallurtegui
  • Baietz Euskara Taldea
  • Banda de Música
  • C.D.Salvatierra
  • Ikastola Pedro Lope de Larrea
  • Club Baloncesto Agurain
  • Ikastetxea Corazón de María
  • Eguzkilore Abesbatza
  • Escola de Música Pública
  • Escola de Pelota
  • Grupo Deportivo Arabarrak
  • IES Aniturri
  • Lautadako AEK
  • Noranahi
  • Sociedad Etnográfica Amigos del Zadorra
  • Sociedad Filatélica y Numástica
  • Tamborrada
  • TourAgurain
  • Club Deportivo Igurtzi
  • Peña Athletic "Sorginetxe" de Agurain
  • O luns despois do domingo de Pascua, festa da Virxe de Sallurtegui.
  • O 24 de xuño, San Xoán.
  • O 15 de agosto, a Virxe María.
  • O 29 de agosto, San Xoán degolado.
  • Primeiro domingo de outubro, festas da Virxe do Rosario.
  • A destacar a Feira do Gando que ten lugar o martes seguinte ao primeiro domingo de outubro, con máis de seiscentos anos de antigüidade.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Casco medieval amurallado con tres rúas principais:
    • Maior: é a central e a que conserva os edificios de maior interese artístico. Sempre recibiu este nome e dividíase en tres parroquias, de Santa María, do medio e de San Xoán.
    • Carnicería: este nome xa se utilizaba no século XVI por acharse nela as carnizarías da vila.
    • Zapatari: fai referencia ao gremio dos zapateiros.
  • Igrexa de San Martín (século XIII), actualmente Concello e Arquivo municipal.
  • Igrexa-fortaleza de San Xoán Bautista (séculos XV-XVI) de cabeceira recta chantada sobre outra fábrica anterior realizada entre os séculos XIII e XIV.

No seu interior atópase un retablo do segundo terzo do XVI con lenzos de Pedro de Obrel, de formación flamenga.

  • Igrexa-fortaleza de Santa María (s. XV-XVI), que foi construído sobre outro anterior. No seu interior hai un retablo de 1530 realizado por Lope de Larrea. Tamén destaco o baixo coro plateresco co escudo de Carlos I.
  • Convento das Madres Clarisas (1611), no seu interior áchase a capela de San Pedro.
  • Antigo hospital de peregrinos de San Lázaro e a Magdalena. Xa no 1487 se menciona a súa existencia. En 1839 foi vendido polo concello a un particular.
  • Casa das Viúvas (século XIV), edificio civil máis antigo que se salvou do grande incendio que destruíu case a totalidade da vila en 1564.
  • Casa de Begoña (século XVII), ostenta as armas dos Ordoñana, dos Vicuña e dos Lazarraga. Sobre o muro do xardín hai ver outro coas armas dos Santa Cruz.
  • Casa Azcárraga. A metade norte é de finais do XVI e loce as armas dos García de Zuazo. A metade sur é de finais do XVIII e ten o escudos dos Eulate.
  • Casa dos Bustamante. Foi mandada construír en 1564, despois do grande incendio. Soporta as armas dos Zumalburu e dos Vicuña.
  • Olbeas de San Xoán (finais do XVI), orientadas cara a praza do mesmo nome e que acolle o merado dos martes dende a fundación da vila en 1256.
  • Canellón dende Agurain cara ao porto de Opakua.
  • Parque de Galzar.
  • Parque de Oriamendi.

Camiño de Santiago

[editar | editar a fonte]

Entre os montes Aratz e Aizkorri, atópase o túnel de San Hadrián, fronteira natural entre Áraba e Guipúscoa. Dentro da cova está a ermida de San Hadrián, que data do século XI (na actualidade non é máis que unha edificación cativa), e retos dunha antiga muralla con medio arco de pedra.

Á saída do túnel, seguindo a calzada medieval, anteriormente tamén transitado en época romana, a uns cen metros dunha entrada, atópase á esquerda un pequeno túmulo pastoril da idade de ferro e un pouco máis adiante, unha fonte. Seguindo a calzada chégase a unha lomba chamada da Forca, lugar onde se axustizaban aos bandoleiros que asaltaban aos viaxeiros, onde se inicia un descenso cara a Zalduondo, sinalizado con postes metálicos. Ao deixar a calzada, a través dunha pista forestal moi sinalizada, chégase ao termo de Zumarraundi e dende aquí tomarase a estrada asfaltada que conduce até Zalduondo. Despois séguese en dirección Ordañana, até chegar á vila Agurain (A-3018), tamén por estrada asfaltada.

A entrada á vila facíase polo lado Norte (antigo Hospital da Madalena) mentres que a saída se realizaba polo lado Oeste (zona do cemiterio, aínda que se pode ver o escudo dos Bikuña sobre a porta).

Seguindo dirección Vitoria-Gasteiz e tras pasar un polígono industrial, por unha parcelaria que pasa por debaixo da autovía chégase a Gazeo. Tras pasar xunto á igrexa de San Martín de Tours (de novo asfalto) sáese pola estrada que se dirixe cara ao sur, ata Langarika e antes de pasar a ponte sobre o ferrocarril xirar á dereita levaranos até Ezkerekotxa. Nesta vila, tras dirixirse ao apeadoiro, e tras deixalo á esquerda ascéndese por unha costenta estrada asfaltada ao alto de Txintxetru. Unha vez no alto a estrada que pasa por encima do túnel (asfaltada) xira á esquerda (cara á vila), cóllese a parcelaria que segue paralela ás vías do tren até chegar á estrada asfaltada (A-3113) que vai á vila de Alegria-Dulantzi.

A rota neste punto sepárase do ferrocarril para a dereita (cen metros cara ao norte) e para tomar de novo unha parcelaria occidental, que nos levará a ermida de Nosa Señora de Ayala (século XIII). Dende este punto séguese sempre dirección oeste até chegar á ermida de Arrarain, considerada como un dos exemplares máis antigos do románico alavés. Unha vez chegado a Elburgo, divísase sobre o outeiro o mosteiro de Estíbaliz, ao que se pode acceder tomando unha pista que cruza o propio camiño e andar oitocentos metros até acadar o mosteiro.

Distancias

[editar | editar a fonte]
  • San Adrián - Zalduondo: 8–9 km
  • Zalduondo - Ordoñana: 3 km
  • Ordoñana - Agurain: 3 km
  • Agurain - Gazeo: 4 km
  • Gazeo - Ezkerekotza: 3 km
  • Ezkerekotza - Nsa. Sra. Ayala (Alegria - Dulantzi): 5–6 km
  • Ntra. Sra. Ayala (Alegria - Dulantzi) - Elburgo: 3–4 km
  • Elburgo - Estíbaliz: 2–3 km

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]