José Manuel Rodríguez Alarcón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de xuño de 1990 (78/79 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vilaxoán |
Ocupación | médico, político |
Cronoloxía | |
27 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936 | evasión do San José n.º 2 |
José Manuel Bernardino Rodríguez Alarcón, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1911 e finado no mesmo concello o 16 de xuño de 1990, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rodríguez Bernárdez e Rosario Alarcón Milla e neto de Tiburcio Alarcón. Médico de Vilaxoán. Concelleiro en Vilagarcía de Arousa e colaborador de Elpidio Villaverde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia na lancha San José n.º 2. Arribaron a Leixões e José Manuel marchou a Francia a finais de agosto xunto con Elpidio Villaverde, José Martínez Virel, Antonio Pérez Gómez, Antonio Lago Outeiral, Manuel Porteiro Viña e Pedro Díaz Abalo. Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. En 1942 retomouse o seu procesamento e foi xulgado en Ferrol, co resultado de sobresemento provisional. Finou en Vilagarcía de Arousa o 16 de xuño de 1990 con 78 anos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amalia Oubiña Bermúdez de Prescedo e foi pai de Juan José Rodríguez Oubiña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 17-6-1990, p. 70.