José Manuel Sánchez Sánchez
Aparencia
- Non confundir con Xosé Manuel Sánchez Sánchez [1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1984 Oleiros |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | Piragüismo |
José Manuel Sánchez Sánchez, nado en Oleiros o 22 de agosto de 1984, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou catro medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2012 e 2017, e dúas medallas de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón nos anos 2016 e 2017,[1] todas elas en C2 formando parella con Tono Campos.
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2012 | Roma ( Italia) | Bronce | C2 |
2014 | Oklahoma City ( Estados Unidos) | Prata | C2 |
2015 | Győr ( Hungría) | Bronce | C2 |
2017 | Pietermaritzburg ( Suráfrica) | Bronce | C2 |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2016 | Pontevedra ( España) | Ouro | C2 |
2017 | Ponte de Lima ( Portugal) | Ouro | C2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Manuel Sánchez Sánchez en CanoeResults.eu (en inglés).