José María Cornejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1788 San Vicente, O Salvador |
Morte | 24 de novembro de 1864 (76 anos) San Vicente, O Salvador |
Jefe Supremo del Estado de El Salvador (en) | |
4 de decembro de 1830 – 3 de abril de 1832 ← José Damián Villacorta – Francisco Morazán (pt) → | |
Jefe Supremo del Estado de El Salvador (en) | |
30 de xaneiro de 1829 – 16 de febreiro de 1830 ← Mariano Prado (en) – José Damián Villacorta → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | Josefa Nicolasa de Lesaca |
Pais | José Manuel Cornejo e Ana María Jacoba Merino y Guevara |
José María Cornejo, nado en San Vicente o 10 de novembro de 1788 e finado no mesmo San Vicente o 24 de novembro de 1864, gobernou a República do Salvador como Xefe Supremo do 30 de xaneiro de 1829 ao 16 de febreiro de 1830, e do 4 de decembro de 1830 ao 3 de abril de 1832.
Biografía
[editar | editar a fonte]José María Cornejo naceu en San Vicente o 10 de novembro de 1788. Os seus pais foron José Manuel Cornejo e Ana María Jacoba Merino y Guevara.[1][2] Casou con Josefa Nicolasa de Lesaca. Morreu na mesma cidade de San Vicente o 24 de novembro de 1864.
Estudos
[editar | editar a fonte]Estudo Filosofía na Cidade de Guatemala, saíndo de Bacharel o 14 de xaneiro de 1809. Logo estudou Dereito Canónico, que non terminou, e despois Dereito Civil, que tampouco chegou a concluír.[2]
Vida política
[editar | editar a fonte]Atopábase en Guatemala cando se producía o pronunciamento das provincias do Imperio Mexicano, e como José María Cornejo era un opositor a iso, foi posto en prisión. Retornou logo ao Salvador despois de ser liberado en xuño de 1822.
Foi elixido deputado para as lexislaturas de 1825 e 1826. En 1826, escribiu unha obra titulada Espíritu Constitucional, que foi aprobado polos liberais. Foi reelecto deputado para as lexislaturas de 1826 e 1827.[3]
Ademais foi alcalde de San Vicente e Rexedor Perpetuo.
Xefatura do Estado do Salvador
[editar | editar a fonte]Cando os pobos foron convocados a eleccións de Xefe do Estado e Vicexefe do Estado, José María Cornejo gañou a xefatura e Nicolás Espinoza gañou a vicexefatura. Foron nomeados por decreto lexislativo do 22 de xaneiro de 1829.[4] Tomou posesión o 30 de xaneiro de 1829.
Realizou a erección do Colexio Seminario cuxa creación foi decretada en 1825; formou tamén unha escola lancasteriana. Edificou garitas e levantou muros para a seguridade do tráfico interior; tamén propuxo camiños e levantou pontes e calzadas de pedra. Reparou os acuedutos da cidade de San Salvador que estiveran arruinados por máis de 15 anos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José María Cornejo" (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Mi Patria: Don José María Cornejo". Consultado o 16 de decembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Defensa del Jefe del Estado del Salvador, José María Cornejo. Guatemala. 1833. Consultado o 16 de decembro de 2019.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda) - ↑ Colección de decretos y órdenes de la Asamblea y Gobierno del Estado correspondiente a los años de 1829 y 1830. O Salvador. 1830.
Predecesor: Mariano Prado |
Xefe Supremo do Salvador 1829 - 1830 |
Sucesor: José Damián Villacorta |
Predecesor: José Damián Villacorta |
Xefe Supremo de El Salvador 1830 - 1832 |
Sucesor: Francisco Morazán Quesada |