José María Fórneas Besteiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1926 ![]() Castroverde, España ![]() |
Morte | 11 de setembro de 2003 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filólogo, arabista, profesor universitario ![]() |
![]() ![]() ![]() |
José María Fórneas Besteiro, nado en Arcos (Castroverde) o 19 de marzo de 1926 e finado o 11 de setembro de 2003, foi un filólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Semítica (1952) e Filoloxía Románica (1953) pola Universidade Central de Madrid. Foi profesor da Escola de Idiomas do Cairo (1955-1957), catedrático de Lingua Árabe na Escola de Comercio de Cádiz e profesor do Instituto de Ensinanza Media de Ceuta (1963).
Doutorouse en Filoloxía Semítica en 1970 e obtivo a praza de adxunto de Lingua Árabe na Universidade Autónoma de Madrid. En 1974 trasladouse á Universidade de Granada como titular da cátedra de Lingua Árabe e Árabe Vulgar onde permaneceu como profesor emérito.
O obxecto da súa investigación eran a lingüística, a lexicografía, o xénero biográfico árabe e a transmisión da ciencia islámica en Al-Andalus. Foi director da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebráicos de Granada (1982-1989).
Finou o 11 de setembro de 2003, e foi soterrado no cemiterio de Arcos.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Elencos biobibliográficos arabigoandaluces, 1971.
Como editor
[editar | editar a fonte]- Kulliyat de Averroes, 1987.
Traducións
[editar | editar a fonte]- La Ciudad Inicua de Kámil Husain, 1963.
- Escucha, Rida de Anís Freyha, 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 13-9-2003, p. 87.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía no Ateneo de Córdoba
- In Memoriam José Mª Fórneas Besteiro (1926-2003) Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.