Saltar ao contido

José María Urquiola Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Urquiola Iglesias
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Mieres, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesChema Urquiola
Pepe
Tino Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 8340

José María Urquiola Iglesias, coñecido como Chema ou Pepe ou Tino, nado en Mieres en 1906 e finado en Oviedo o 25 de novembro de 1979, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. En xuño de 1943 foi o encargado de solicitar aos guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia reunidos en Ferradillo a súa incorporación á Unión Nacional, que nun principio foi rexeitada. Pero en setembro, no III Congreso da Federación, esta adheriuse. Foi o encargado de reconstituír os comités provinciais do PCE. En 1944 foi procesado con Antonio Paleo Saavedra, Severino González Guitián e outros no sumario 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.[1]

Foi detido o 7 de xaneiro de 1945 en Ourense, e como consecuencia caeron 79 persoas na provincia de Lugo e en Ferrol, o que provocou unha desfeita no Partido Comunista. Fuxiu cando era trasladado a Madrid,[2] pero foi novamente detido na capital do Estado en 1945. Xulgado por rebelión militar na Coruña no proceso 75/1946, en consello de guerra celebrado o 17 de xullo de 1946 con Enriqueta Otero, Julio Nieto López, Ramón Vivero Geada e Marcelino Villares Santiago, foi condenado a pena de morte.[3][4] A pena foi conmutada a reclusión perpetua e finalmente a trinta anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1959.[5]

  1. Boletín Oficial da Provincia de Oviedo, 20-1-1945, p. 2.]
  2. Requisitoria no BOE, 3-2-1945, p. 398.
  3. La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.
  4. El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4.
  5. BOE, 19-3-1959, p. 4364.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]