Marcelino Villares Santiago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Montevideo, Uruguai |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Marcelino Villares Santiago, nado en Montevideo en 1915, foi un militar, político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1936 vivía en Cruzul (Becerreá). Militante do Partido Comunista de España (PCE) combateu na guerra ingresando no Instituto de Carabineros en maio de 1937.[1] Coa derrota da República foi detido e condenado a seis anos de prisión. Estivo preso na Prisión Provincial de Madrid, de onde saíu en liberdade provisional en 1943.[2] En 1944 organizou o Comité Comarcal de Becerreá do PCE. Detido en febreiro de 1946, e xulgado por rebelión militar na Coruña no proceso 75/1946, en consello de guerra celebrado o 17 de xullo de 1946 con Enriqueta Otero, Julio Nieto López, Ramón Vivero Geada e José María Urquiola Iglesias, foi condenado a vinte e cinco anos de prisión.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta da República, 27-5-1937, p. 949,
- ↑ BOE, 23-8-1943, p. 8187,
- ↑ La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.
- ↑ El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 191–192. ISBN 84-87783-79-1.