José Maroño Calvo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1907 Santiago de Compostela, España |
Morte | 3 de decembro de 1936 (29 anos) cemiterio de Boisaca, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | tipógrafo, político |
Familia | |
Irmáns | Manuel Maroño Calvo |
José Maroño Calvo, nado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1907 e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Maroño Nováis e Josefa Calvo Hermida e irmán de Manuel Maroño Calvo. Tipógrafo no diario El Compostelano. Militante das Juventudes Socialistas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela. Foi detido polo artilleiro José María Iglesias Calvo e un compañeiro cando ían deter a Santiago Suárez Campos, que denunciou a Maroño no momento da detención.[1] Conducido aos calabozos de Raxoi, foi xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro e condenado á pena de morte.[2] Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 co seu irmán Manuel Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Luís Martínez Nouche, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Ferreira, Rafael (2018). "Violencia golpista en Santiago de Compostela. Verdugos, lóxicas e espazos (1936-1946)". Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-369-8.
- ↑ El Eco de Santiago, 19-11-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 3-12-1936, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vieites Torreiro, Dolores (2001). Manuel Maroño Calvo: Maroño o boó. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. ISBN 84-923747-9-9.
- Vieites Torreiro, Dolores (2007). "Manuel Maroño Calvo: Socialista compostelán". Claridade (Fundación Luís Tilve). setembro (Especial homenaxe): 57–64. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.