Rafael Pardo Carmona
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1899 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 3 de decembro de 1936 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
![]() |
Rafael Pardo Carmona, nado en Santiago de Compostela o 12 de xullo de 1899[1] e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre interino de Arzúa (1926),[2] Moar (1927),[3] Lintín (1928), Rial (1929) e Baño (Muros).[4] Colaborou en El Pueblo Gallego. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Santiago de Compostela en outubro. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro,[5] foi condenado á pena de morte. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 con Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Francisco Ponte Ces, Luís Martínez Nouche, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 88.
- ↑ El Ideal Gallego, 17-6-1926, p. 4.
- ↑ El Ideal Gallego, 7-9-1927, p. 3.
- ↑ "De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950)"
- ↑ Diario de Pontevedra, 20-11-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gabriel, Narciso de (2019). "A represión dos mestres republicanos de Muros". Sarmiento 23: 257–289.
- Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 279–280. ISBN 84-8485-186-9.