José Maseda Vaamonde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1909 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 26 de xaneiro de 1938 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
José Maseda Vaamonde, nado en Betanzos e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecido polo alcume de "O Calderetero". Pertencía á CNT e a FAI. Foi procesado por tenencia de explosivos e polo atentado da Terraza de Sada en 1934.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Ferido dende o comezo do golpe, estaba oculto na casa de Lucas Uzal Suárez, na parroquia de Loureda (Cesuras). Foi detido xunto con Lucas Uzal e o seu pai en outubro de 1937. Xulgados na Coruña en consello de guerra o 18 de decembro,[2] foi condenado a morte e Lucas a doce anos de cadea. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Lisardo Longueira García, Justo Galán Barbero e Antonio Santos Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 8-8-1934, p. 9.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-12-1937, p. 6.