Lisardo Longueira García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 San Pedro de Nós, España |
Morte | 26 de xaneiro de 1938 (40/41 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, político |
Lisardo Longueira García, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) en 1897 e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecido polo alcume de "Ferranchín". Veciño de Pravio (Cambre), onde organizou e foi directivo dun sindicato anarquista. En xuño de 1933 foi multado polo Gobernador civil.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Detido en 1937, foi procesado por rebelión militar na causa 1168/37 e condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Justo Galán Barbero, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 7-6-1933, p. 5.